'Retrato da moza en chamas', un relato de amor prohibido no Cineclube

Pontevedra
09 de marzo 2020

Os afeccionas ao cinema na capital desfrutarán este martes 10 dunha nova cita co Cineclube de Pontevedra. A cinta que se proxectará para a ocasión será 'Retrato da moza en chamas', da directora frances Céline Sciamma

Fotograma de 'Retrato da moza en chamas', da directora francesa Céline Sciamma Cineclube Pontevedra

Os afeccionas ao cinema na capital desfrutarán este martes 10 dunha nova cita co Cineclube de Pontevedra. A cinta que se proxectará para a ocasión será 'Retrato da moza en chamas', da directora francesa Céline Sciamma.

A sesión celebrarase seguindo o horario e lugar habituais, comezando ás 20.30 no Teatro Principal. A proxección, que se realizará en versión orixinal en francés con subtítulos en castelán, terá un prezo de entrada de tres euros.

'Retrato da moza en chamas' foi unha das cintas francesas máis exitosas do ano pasado. Tras a súa estrea no Festival de Cannes, onde competiu pola Palma de Oro, fíxose cos galardóns de Mellor Guion e a Palma Queer, que premia as cintas de temática LGTB.

Neste relato trasladámonos á Francia de finais do século XVIII, no que Marianne, unha pintorsa, recibe o encargo de realizar en segredo o retrato de Heloise, una aristócrata que se nega a posar para ela. A medida que ámbalas mulleres se coñecen xorde entre elas un amor prohibido, creando un proceso paralelo entre o acto de creación artística e o amor.

Ficha
Título: Retrato da Moza en Chamas
Directora: Céline Sciamma
Ano: 2019
País: Francia
Duración: 120 min.