RADIO.- O CEIP Carballal de Marín homenaxea un ano máis ás Letras Galegas cun videoclip

Pontevedra
17 de maio 2022

Os alumnos de cuarto curso de Primaria traballaron nos últimos meses na realización dun  videoclip sobre o poema 'Autoxenreira' de Delgado Gurriarán. Contárono e interpretaron nas 'Conversas na Ferrería' de PontevedraViva Radio

Os alumnos de cuarto curso do CEIP O Carballal de Marín realizaron o vídeo 'Autoxenreira' de Delgado Gurriarán

O CEIP Carballal de Marín non falta á súa cita anual de homenaxe ás Letras Galegas e nesta edición de 2022 centrárono no poema 'Autoxenreira' de Florencio Delgado Gurriarán. Como cada ano, os seus protagonistas son os alumnos de cuarto curso que traballan o proxecto co profesor de música Víctor Alfonso Castro.

Coámonos nas súas aulas e contáronnos en PontevedraViva Radio como prepararon nos últimos meses este traballo que aparece publicado na web conmemorativa do autor homenaxeado, quen é o autor ourensán, que aprenderon do poema que han musicado e gravado nun videoclip ou que é para eles o Día das Letras Galegas.

O profesor Víctor Alfonso explica que este é o primeiro videoclip que estes escolares fan, "xa que anualmente, cada cuarto curso realiza tres ou catro videoclips para o tempo curricular de libre configuración que é un taller de audiovisuais. Todos cando pasan por este curso fano, videoclipo ou curtos, que non só contan unha actividade que se faga, senón que tamén se engade un compoñente creativo".

O seu bo facer non pasa desapercibo xa que en dúas edicións gañaron o concurso daReal Academia Galega 'Contádenos ou voso día das Letras Galegas'. O primeiro foi co 'Casarestón' no que participou toda a comunidade escolar do centro marinense e o último o pasado 2021 co videoclip dedicado a Xela Arias. (Achegamos o videoclipo orixinal e na ligazón inicial 'Autoxenreita' pódese ver a versión máis recente estreada a pasada semana).

Arquivado en