Cada 27 de marzo trata de ser unha data que poña en valor o teatro como manifestación indispensable para a sociedade e para cada persoa. Así que PontevedraViva Radio convidou á actriz Paloma Saavedra para charlar no Día Mundial do Teatro. A moza tudense formouse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e a día de hoxe continúa facéndoo en Francia nunha das vertentes que máis lle atrae, a pedagoxía teatral.
Fixo televisión, cinema e sobre todo teatro. Falamos no Cara a cara da súa traxectoria profesional, na que, por exemplo, xunto a Limiar Teatroencarnou no Castelo de Soutomaior a María Vinyals. Desde hai ano e medio practica "o agasallo" da dirección coa formación amateur pontevedresaAvelaíña Teatro, que ata hoxe mesmo poden verse coa súa última representación "Cagarse en Bambi".
Muller comprometida con ese obxectivo de formentar o pensamento crítico que comporta o teatro, achega a súa opinión sobre ese plan de acción que se marcou a Rede Estatal de Teatros Públicos e que ten como principais destinatarios aos mozos e á muller. Ou sobre o feito de que musicais, comedias e monólogos de humor capitalicen o maior número de público que acode a salas e teatros.