RADIO.- As Rías Baixas dan escenario ao Premio Planeta 2023 de Sonsoles Ónega

Pontevedra
20 de novembro 2023

Nomes, feitos, lugares das Rías Baixas durante o século XX aparecen nesta novela que dá tamén protagonismo ás mulleres dedicadas ao mar e en especial ás traballadoras das conserveiras. Charlamos no podcast 'Cara a cara' de PontevedraViva Radio coa súa autora, a popular xornalista Sonsoles Ónega

Sonsoles Ónega asina este Premio Planeta 2023 con 'Las hijas de la criada' PontevedraViva

En 1900 dúas nenas nacen na mesma noite e no mesmo lugar, o pazo Espírito Santo, provincia de Pontevedra. Unha é filla da señora da casa, dona Inés e a outra é filla da guardesa, Renata. Un acto de vinganza condicionará para sempre a vida das nenas e a das súas familias.

Desde esta ficción comeza 'Las hijas de la criada' coa que a popular xornalista Sonsoles Ónega fíxose co Premio Planeta 2023. Unha ficción que se mestura con lugares, feitos e nomes propios extraídos da historia real das Rías Baixas.

Documentarse nesa parte histórica foi "toda unha aventura, porque unha cre que coñece a terra pola que tantas veces paseou, tense detido a observala, amenceu ou atardeceu... e dásche conta que o noso pasado segue sendo un material delicioso para novelar", explica na charla que mantén para o podcast 'Cara a cara'.

Con permiso da súa autora deixamos en segundo plano as páxinas que transcorren en Cuba para centrarnos naquelas que resultan máis próximas e que falan das mulleres galegas do mar; e especialmente as que traballaron no sector conserveiro.

"Tratei de ser o máis rigorosa posible co que viviron aquelas mulleres, logo tamén me dei algún caprichazo narrativo como crear na 'Deslumbrante' unha escola de mulleres para ensinarlles algunhas cousas básicas que eran imprescindibles para o sobrevivir destas mulleres", subliña.

A eses cruces de camiños entre ficción e realidade, Sonsoles Ónega engade moitas emocións que tamén condicionan o devir da vida dos seus personaxes.

podcast completo está dispoñible na ligazón que se adxunta e igualmente pódese escoitar e descargar desde a web de PontevedraViva Radio.