RADIO.- A playlist de... Romina Doce: A liberdade de permitirse soñar

Pontevedra
23 de febreiro 2019

A Playlist entra esta vez na produción audiovisual xunto a Romina Doce. Convidámosche en PontevedraViva Radio a descubrir que relación hai entre este podcast e o anterior con Diego ' Blind Crow'

Romina Doce Blanco, productora audiovisual Mónica Patxot

O seu acento porteño é o sinal dos seus primeiros dezanove anos en Arxentina. Unha vez máis, na Playlist  atopámonos coa emigración, cuns avós galegos, de Poio, Meaño e Ourense que tiveron descendencia alén do Atlántico e regresaron xunto á seguinte xeración á súa 'terra nai'. 

Romina Doce Blanconaceu en Quilmes, provincia de Bos Aires. Lembra unha infancia e adolescencia moi feliz cuns momentos especiais: o nadal. Isto é, o verán, cando tocaba vacacións e a visita dunha parte da familia que viñan desde a Patagonia. "Era unha chapona", di e "gustábame moito bailar. Coas miñas amigas, coa porta do armario, coa porta da neveira...". 

Do cinema, da película "Superman" chegoulle a súa inspiración profesional. Non é que quixese ser heroína - que pode considerarse a unha muller traballadora autonóma e nai de dúas criaturas -, quería ser Lois Lane. O mundo da comunicación. E estudaba aquilo cando tivo que dar un xiro ao seu destino. A familia regresaba a España. Así chegou a Lourido, unha noite de San Juan. Tres reloxos foron marcando a recolocación entre Arxentina e Galicia, explícanos en PontevedraViva Radio.

Posta a hora no seu presente, estudou Produción Audiovisual e apareceu un amigo que logo se converteu na súa parella e compañeiro empresarial conProduciones Mutantes. A súa voda non foi nada convencional, nin por emprazamento, nin polo típico baile da parella. Actualmente son dúas parellas, eles e Candela e Diego, que teñen uns padriños 'De la Church'.

Como nai e como profesional trata de cumprir cos pertinentes requirimentos que comportan, pero hai algo que non quere perder: a liberdade de permitirse soñar.