Punto e final ao ciclo ‘O Oficio de Vivir’ con ‘Él’, de Luis Buñuel

Pontevedra
19 de febreiro 2020

Para esta derradeira sesión proxectarase ‘Èl’, a cinta do director español Luis Buñuel. A sesión, que comezará este xoves ás 19.00 horas no Teatro Principal, terá entrada de balde

Fotograma de 'Él', de Luis Buñuel

O ciclo ‘O Oficio de Vivir’ remata este xoves coa súa derradeira proxección dedicada ao estudo entre saúde mental e o modo de plasmar os diferentes procesos psicolóxicos no medio audiovisual.

Para esta derradeira sesión proxectarase ‘Èl’, a cinta do director español Luis Buñuel. A sesión, que comezará ás 19.00 horas no Teatro Principal, terá entrada de balde.

En ‘Èl’, Luis Buñuel preséntanos unha historia arquetípica de celos e obsesión na que o seu protagonista, Francisco, ten una revelación romántica durante unha ceremonia relixiosa con Gloria, a parella dun amigo próximo. O seu amor pronto tornarase nun proceso de locura, con lugar para a exploración do proceso psicolóxico dos celos e a obsesión pero tamén para os episodios surrealistas que caracterizan a obra do director español.

Trátase dunha obra cunha moi pobre recepción no seu tempo, coa que nin sequera o propio Buñuel rematou convencido, pero o tempo reivindicou a relevancia deste relato que o mesmo Jacques Lacan, un dos discípulos de Freud, empregaba durante as súas clases para ilustrar as leccións sobre a paranoia.

Ficha
Título: Él
Director: Luis Buñuel
Ano: 1953
País: México
Duración: 92 min.