Programación especial na Mostra Trazante para conmemorar o 40 aniversario dos Trazantes de Tenorio

Cerdedo-Cotobade
06 de xullo 2024

Con motivo desta efeméride a asociación organizará a vindeira fin de semana a décimo terceira edición da Mostra Trazante. O evento terá lugar os días 13 e 14 no adro de Tenorio e contará cunha programación especial polo corenta aniversario con actuacións de grupos tradicionais galegos

 

Recepción aos Trazantes de Tenorio na Deputación Deputación de Pontevedra

Con motivo da celebración do corenta aniversario dos Trazantes de Tenorio, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela, recibiron este venres no Pazo Provincial ás integrantes da directiva da asociación.

O mandatario provincial sinalou que durante os seus anos de historia estiveron "coidando das tradicións" polo que "na Deputación estamos orgullosos por poder celebrar este aniversario".

Con motivo desta efeméride a asociación organizará a vindeira fin de semana a décimo terceira edición da Mostra Trazante. O evento terá lugar os días 13 e 14 no adro de Tenorio e contará cunha programación especial polo corenta aniversario con actuacións de grupos tradicionais galegos.

Co programa +Música, a Deputación colabora na organización do festival levando ata a parroquia ao grupo Treixadura o sábado pola tarde.

Pola súa banda, a portavoz da entidade, Carmen Seijo, confesou que "somos unha asociación que traballa a prol da nosa cultura e somos unha gran familia" e sinalou que as portas da asociación están abertas para todas aquelas persoas interesadas en coidar e desfrutar do folclore, das tradicións e da música popular.