Probas de selección para as versións infantil e xuvenil da Orquestra Filharmónica 'Cidade de Pontevedra'

Pontevedra
09 de setembro 2017

Máis de vinte músicos de moi curta idade participaron nas probas de selección que se desenvolveron este sábado para formar parte deste proxecto

Probas para a Xove Orquestra Filharmónica e a Orquestra Filharmónica Infantil Cidade de Pontevedra Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra

Máis dunha vintena de instrumentistas de violín, viola, violoncello e contrabaixo chegados de distintos puntos da provincia de Pontevedra e mesmo procedentes da Coruña participaron este sábado 9 nas probas de selección para formar parte da Xove Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e da Orquestra Filharmónica Infantil Cidade de Pontevedra.

Segundo os responsables da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, o nivel que ofreceron os aspirantes foi moi elevado sorprendendo aos encargados de avaliar as probas como membros do xurado.

Durante as próximas semanas iniciaranse os ensaios das dúas orquestras co obxectivo posto nas datas do Nadal para realizar un concerto de presentación.