Presentación do libro "Alexandre Bóveda, lume vivo acesa chama" en vésperas do Día de Galicia Mártir

Poio
16 de agosto 2024

A presentación do libro, editado polo seu 120 aniversario, forma parte dos actos previos á conmemoración do Día de Galicia Mártir, que se celebrará este sábado na Caeira

 

Presentación do libro 'Alexandre Bóveda, lume vivo acesa chama' Concello de Poio

Con motivo da conmemoración do Día de Galicia Mártir, este venres foi presentado o libro de Xan Leira "Alexandre Bóveda, lume vivo acesa chama", onde explica a obra e rescata interpretacións e as voces das persoas que traen unha visión distinta a Bóveda. Entre elas inclúense as dos seus familiares Lois Tobío, Xaime Isla Couto, Avelino Pousa Antelo, Francisco Fernández del Riego, entre outros.

A presentación do libro, editado polo seu 120 aniversario, forma parte dos actos previos á conmemoración do Día de Galicia Mártir, que se celebrará este sábado na Caeira.

A homenaxe incluirá discursos de Amalia Bóveda, filla de Alexandre Bóveda, e culminará cunha ofrenda floral e a interpretación do himno galego.