Pontevedra celebrará o "Primeiro día da calceta urbana"

Pontevedra
10 de maio 2013

O grupo Calceta Urbana creado en Portal 48 en Pontevedra polo colectivo Roupavella, grupo entusiasta das labores máis tradicionais en formatos contemporáneos, unirase o próximo sábado para darlle cor a cidade de Pontevedra, con pezas que desde fai dous meses levan calcetando e ganchillando en grupo para poder xerar un amplo tecido co que comezar a súa instalación que se fará visible nunha das prazas máis emblemáticas da cidade de Pontevedra

O coñecido urban knitting ou tecido urbano Espacio CAMON

O coñecido urban knitting ou tecido urbano, consiste en tecer con ganchillo ou calceta pezas de grandes dimensións e colocar o tecido no mobiliario urbano. Este movemento que nace en Holanda no ano 2004, podémolo atopar en cada vez máis rúas, e por primeira vez en Pontevedra este mesmo sábado ás 18:00 na praza da Ferrería.

O grupo Calceta Urbana creado en Portal 48 en Pontevedra polo colectivo Roupavella, grupo entusiasta das labores máis tradicionais en formatos contemporáneos, unirase o próximo sábado para darlle cor a cidade de Pontevedra, con pezas que desde fai dous meses levan calcetando e ganchillando en grupo para poder xerar un amplo tecido co que comezar a súa instalación que se fará visible nunha das prazas máis emblemáticas da cidade de Pontevedra.

A esta mostra artística, que conta coa interacción do publico sumaréselle música ambiente (a cargo de grupos musicais locais) co fin de pasar unha tarde agradable disfrutando do arte e da cidade, e amosando aos cidadáns o partido que se pode sacar á cidade coas tradicións máis nosas.