Ponteatro botou andar este xoves da man de 'María Luisa'

Pontevedra
20 de outubro 2023

As compañías Lazona Films, Sarabela Teatro, Diego Anido e Amorodio Teatro serán as responsables das pezas teatrais das que o púbico poderá gozar ata o 16 de novembro

'María Luisa' de Lazona Mónica Patxot

Este xoves 19 ás 21:00 horas no Principal botou andar unha nova edición de Ponteatro da man do director Juan Mayorga e a súa obra ‘María Luisa’. Será a primeira de catro pezas que terán lugar os xoves ata o 16 de novembro.

Os 50 abonos, ampliados pola alta demada a 70, xa están esgotados polo que só e posible mercar entradas por espectáculo, a un prezo de 8 euros (4 euros, reducido) anticipadamente en Ataquilla e de non esgotarse, unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal.

A obra deste xoves contou a historia de María Luisa que é unha muller entrada en anos que vive soa, independente e que goza da vida. Unha conversa casual co porteiro da casa é o detonante para unha sucesión de escenas que, con moito humor e un ton entrañable, permítennos descubrir de preto o mundo desta curiosa señora. Unha comedia sobre a soidade, sobre a vellez, e sobre os difusos límites entre a realidade e a imaxinación.

Programación de Ponteatro:

  • Xoves 26 de outubro ás 21.00 h- ‘ARRAIANOS' SARABELA TEATRO
  • Xoves 9 de novembro ás 21.00 h ‘O DEUS DO POP’ DE DIEGO ANIDO
  • Xoves 16 de novembro ás 21.00 h - ‘A NAI’ AMORODIO TEATRO