Máis Cantos dará un concerto este sábado 27 de xullo na Praza de Liñares, organizado polo Concello de Poio.
A partir das 19.30 horas e con entrada gratuíta, o grupo interpretará varias cancións do seu repertorio dando, ademais, cumprimento a unha das súas ilusións, que é actuar na casa, xa que algúns dos integrantes deste grupo viven neste lugar.
Máis Cantos é unha iniciativa musical e cultural destinada a transmitir, fomentar e vivir o canto tradicional, popular e cantos de taberna a todo tipo de públicos.
Creada e dirixida por Nelson Quinteiro, organiza, ao longo de todo o ano, actividades de lecer e experiencias arredor da música, o ritmo e o canto.