Este mércores 17 de agosto, un día no que tamén se conmemora o Día da Galiza Martir, a música e a poesía galegas foron as protagonistas da programación festiva noctura das festas da Peregrina. O público non foi tan masivo nas prazas da Ferrería e España como nas noites anteriores, pero ambos os dous emprazamentos deixaron unha imaxe de éxito ao encherse case todas as cadeiras instaladas na primeira e cubrir os espectadores o espazo fronte ao escenario da segunda.
Ás nove da noite saltaban ao escenario da praza da Ferrería Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel co seu espectáculo 'A Voz do vento' baseado en poemas de Manuel María, o poeta da Terra Chá ao que este ano se lle adicou o Día das Letras Galegas. Xa ás dez e media da noite, os que se puxeron ante o público foron os integrantes de Treixadura co Coro Cantigas e Agarimos e a Banda de Música de Pontevedra.
A programación musical continúa este xoves:
Xoves 18: Los tres soles del Paraguay e concerto World Dance Music
Venres 19: Daniel Minimalia e Rosa Cedrón
Domingo 21: Loquillo