Pasándoo de fábula no Principal co esquío e o ourizo

Pontevedra
29 de outubro 2023

Unha das características das fábulas é que sempre acaban cunha conclusión moral. Por tanto, con este espectáculo, La Baldufa propuxo aos nenos pontevedreses pensar, reflexionar sobre a diferenza e a mestizaxe que, ao mesmo tempo, constitúen unha maneira de pensar naquilo que nos fai iguais

"La Fábula de la Ardilla", de La Baldufa en Domingos do Principal Cristina Saiz

O gran ourizo vive plácidamente, á sombra dun gran carballo, e coida dos seus, mentres goza do seu cachiño de mundo. Pero un día, esta paz verase perturbada, pola chegada dun esquío amable, traveso e xoguetón. A súa convivencia non é fácil, como puido comprobar o público que asistiu a esta representación teatral de Domingos do Principal.

Os nenos puideron descubrir a un ourizo arisco e protector, e un esquío con ganas de saber e compartir.

Unha das características das fábulas é que sempre acaban cunha conclusión moral. Por tanto, con este espectáculo, La Baldufa propuxo aos nenos pontevedreses pensar, reflexionar sobre a diferenza e a mestizaxe que, ao mesmo tempo, constitúen unha maneira de pensar naquilo que nos fai iguais.

Con este espectáculo musicalizado por Pau Elías, a compañía dirixida por Jokin Oregi foi premiada como Mellor Produción e Mellor Espazo Escénico na xixonesa Feira FETÉN 2022. A Baldufa obtivo o Premio Nacional das Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade 2020.