Pablo Alborán conquista aos seus fans pontevedreses

Pontevedra
12 de setembro 2015

Preto de 8.000 persoas gozaron dun recital de dúas horas nun abarrotado Recinto Feiral de Pontevedra, no que o artista malagueño repasou os mellores temas da súa carreira  

Concerto de Pablo Alborán no Recinto Feiral de Pontevedra Diego Torrado

Pasaban apenas cinco minutos das 22:00 horas cando nun abarrotado Recinto Feiral de Pontevedra, con preto de 8.000 persoas, chegou o delirio.

Pablo Alborán deleitou aos seus fans pontevedreses con case dúas horas de concerto no que a choiva finalmente non fixo acto de presenza.

O artitas malagueño agradeceu o apoio dos seus seguidores e avanzou que "esta noche me dejo la piel por vosotros", antes de comezar a repasar os mellores temas da súa carreira musical.

O concerto arrancou con 'Está permitido' para seguir con 'La Escaleira' e Ecos'. Houbo tempo para que Alborán se animase coa percusión e se dirixese en varias ocasións aos presentes antes de afrontar un bis con 'Solamente tú', 'Despídete' e 'Vívela', canción que pechou o recital case ás 0:00 horas.

O malagueño non defraudou en Pontevedra e quixo compartir o seu agradecimiento ao baixarse do escenario a través do seu pefir de Twitter.