'Os vellos non deben de namorarse' abre o ciclo de teatro en Sanxenxo

Sanxenxo
01 de novembro 2016

Tres compañías profesionais e tres grupos do municipio centrarán as propostas a través de seis sesións teatrais no Pazo Emilia Pardo Bazán

'Os vellos non deben de namorarse', de Teatro do Morcego Teatro do Morcego

O 5 de novembro comezará o Ciclo de Teatro de Outono en Sanxenxo coa representación de Os vellos non deben de namorarse no Pazo Emilia Pardo Bazán da vila. A representación da obra de Alfonso R. Castelao a cargo da compañía profesional Teatro do Morcego chega a Sanxenxo da man do departamento de Cultura da Deputación de Pontevedra e servirá para conmemorar ou 75 aniversario da estrea deste espectáculo, segundo explicou a concelleira de Cultura de Sanxenxo, Sandra Fernández.

Os tres sábados seguintes, o 12, 19 e 26 de novembro, serán os grupos de Sanxenxo os encargados de subir ao escenario as súas montaxes. O 12 de novembro, o grupo do Club de Xubilados de Portonovo representará Unha avoa a catro patas, calcetíns e garavatas, escapa que ven a Paca!.

O Club de Xubilados de Sanxenxo amenizará a tarde do 19 de novembro coa obraSaco Roto, unha comedia con música en vivo. O grupo de teatro Orballo ofreceráViva o Cuponazo, unha comedia de Rafael Mendizabal, o 26 de novembro.

Xa en decembro, o sábado 3 a actriz Isabel Risco e o actor Fran Rei ofrecerán Retrincosde Castelao, sobre a vida do ilustre galeguista combinando elementos cómicos e dramáticos.

E o domingo 11 de decembro finalizará o ciclo con Os Quinquilláns, que escenificaránCousas, tamén de Alfonso R. Castelao.

Todas as obras son aptas para todos os públicos e comezarán ás 21 horas, agás o domingo 11 de decembro que se inicará ás 20.00 horas. Todos as funcións desenvolveranse no Pazo Emilia Pardo Bazán e o prezo das entradas será de 4 euros para os espectáculos profesionais e de 3 para os de afeccionados.