Os Quinquilláns representarán "A señora de Forcadela" no centro cultural de Lérez

Pontevedra
26 de abril 2023

O vindeiro venres 28 de abril, o grupo de teatro Os Quinquilláns representará na Casa da Cultura de Lérez a obra A señora de Forcadela no marco da programación dos venres culturais de Cedofeita

Escena de 'A señora de Forcadela' Concello de Tui

O vindeirovenres 28 de abril, o grupo de teatro Os Quinquilláns representará na Casa da Cultura de Lérez a obra A señora de Forcadela no marco da programación dos venres culturais de Cedofeita.

Segundo a asociación, a peza teatral porá en escena a memoria histórica de mulleres galegas como Josefa García Segret que foron represaliadas por mor do golpe do 36.

O elenco, que lucirá o vestiario de Bety Busto, está composto por Tere Rodríguez e Lucho Penabade. Será Orjai o encargado de ambientar de xeito musical a actividade.

Con máis de trinta anos de traxectoria profesional no campo da creación de pezas baseadas en feitos históricos, Os Quinquilláns representará a obra este venres ás 20:30 horas.

A actividade está organizada pola Asociación Sociocultural Cedofeita de Lérez xunto coa colaboración da Deputación de Pontevedra e O Pasado Por Vir.

A asociación lembra que a entrada será de balde ata completar a capacidade do espazo.