Os alumnos do Garaxe Hermético de Kiko da Silva presentan os seus traballos de fin de curso

Pontevedra
14 de xullo 2015

Este curso remata a súa formación a primeria "Xeración Hermética" de debuxantes, que amosan os seus traballos no Pazo da Cultura a partir de este mércores 15 de xullo

Imaxe de La lupa evanescente O Garaxe Hermético

O Garaxe Hermético, a escola profesional de Banda deseñada de Galicia, situada en Pontevedra, cumpre catro anos da súa inauguración. Este curso un grupo de alumnos finaliza a súa formación de primeira "Xeración Hermética" e celébrano cunha presentación dos seus traballos fin de curso no Pazo da Cultura este mércores 15 de xullo ás 12.00 horas.

Nestes momentos, O Garaxe Hermético que dirixe o debuxante Kiko da Silva conta con 40 alumnos matriculados nos cursos profesionais e 20 estudantes noveis nas clases extraescolares.

Durante estes anos de existencia, este espazo de aprendizaxe creativa os alumnos publicaron xa tres libros de banda deseñada: A banda de Moebius, A vila dos debuxantes do Norte e 221 BD, ademais de realizar unha exposición colectiva baixo o título Dreamsof Rarebit Friends no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, ademais de colaborar coa exposición do Orgullo Gay de Pontevedra. Tamén realizaron un suplemento especial co título "Eu son Charlie" con motivo do atentado á revista satírica francesa a comezos de 2015. Ademais de colaborar con diferentes medios de comunicación.

Os alumnos tamén visitaron os principais festivais de cómic en Europa, dende o Salón do Cómic de Barcelona ao Festival de Angouleme pasando por Viñetas dende o Atlántico.

O público que asista á presentación recibirá como regalo un exemplar de A vila dos debuxantes do norte, un cómic realizado durante o curso 2013-14 con 64 páxinas encadernado en cartoné.