Once estudantes de Belas Artes ofrecen as súas experiencias coa pintura abstracta

Pontevedra
08 de maio 2024

Baixo o título 'Reunións de cans no parque', a exposición permanecerá aberta no espazo O Abrigo da Facultade de Belas Artes ata o venres 16 de maio

Exposición 'Reunión de cans no parque'
Exposición 'Reunión de cans no parque' DUVI - UVigo

Lúa Gándara, artista e graduada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, impartía a finais de 2023 un taller para que o alumnado experimentase coa pintura abstracta. 

Como consecuencia daquela iniciativa creáronse diferentes obras, realizadas sobre papeis de grandes dimensións. 

Desde este luns, esas obras pódense visitar na sala O Abrigo da facultade do campus pontevedrés. 

A propia Gándara é a comisaria da mostra que permanecerá aberta ata o xoves 16 de maio baixo o título 'Reunións de cans no parque'.

O vicedecano de Cultura, Ignacio Pérez-Jofre, coordinador da mostra, indica que as obras transmiten a vitalidade, sociabilidade e a interacción dos once creadores, estudantes do Grao en Belas Artes.

Lorena Sánchez, Irene Santamaría, Xulia Arias, Isis Huerga, Río Marbán, Iago Rodríguez, Cristina Rus, Ainoa Simons, Yanina Sgro, Miguel Teixeira e Pablo Yuste son os artistas que mostran os seus traballos.

O último día da exposición, o mesmo espazo acollerá unha actuación musical, promovida por Liceo Mutante, de Gustavo Costa, a partir das 19.00 horas.