Obras de Seoane, Díaz Pardo e Laxeiro subástanse en Sanxenxo

Sanxenxo
04 de abril 2013

A Sala Nauta Sanxenxo, situada no Porto Deportivo Juan Carlos I, acollerá o 10 de agosto unha puxa de arte galego que incluirá obras de autores tan recoñecidos como Luis Seoane, Isaac Díaz Pardo, Ricardo Segura Torrella e Laxeiro. Parte dos beneficios que se obteñan con esta puxa irán destinados á Asociación española contra o Cancro

A firma About Art organiza unha poxa de arte galega que incluirá obras de autores galegos tan recoñecidos como Luis Seoane, Isaac Díaz Pardo, Ricardo Segura Torrella e Laxeiro, entre outros. Será o día 10 na Sala Nauta en Sanxenxo, situada no Porto deportivo Juan Carlos I. Xa dende o martes 6 haberá unha exposición previa das obras nas mesmas instalacións para aquelas persoas interesadas en adquirir algúns dos lotes para que os estuden con detemento.

Parte dos beneficios que se obteñan durante a poxa irán destinados á Asociación Española Contra o Cancro, de forma que a poxa terá un carácter solidario.

As persoas interesadas en vender obras de arte para esta ocasión, poden solicitalo a través de correo electrónico, dirixíndose a galeria@aboutart.es ou vía telefónica no 986 167 209.