Obradoiro de reciclado e marcapáxinas para celebrar o Día do Libro no Museo

Pontevedra
20 de abril 2023

O Museo de Pontevedra organiza dúas actividades que se desenvolverán os vindeiros días, 22 e 23 de abril, coa fin de celebrar o Día do Libro

Actividade infantil no Museo de Pontevedra Museo de Pontevedra - Deputación de Pontevedra

O Museo de Pontevedra organiza dúas actividades que se desenvolverán os vindeiros días, 22 e 23 de abril, coa fin de celebrar o Día do Libro.

Durante o sábado levarase a cabo un obradoiro no que todas as persoas interesadas terán a posibilidade de elaborar marcapáxinas con gravados orixinais inspirados en artistas galegos a través da creación do seu propio papel artesanal con papel reciclado. A actividade, que está pensada para todas as idades, terá lugar no Edificio Castelao de 10:00 a 13:00h.

O propio Día do Libro, domingo 23, o Edificio Castelao acolle outra cita de 11:00 a 14:00h. Todas aquelas persoas que se acheguen nesa franxa horaria, recibirán, a modo de obsequio, publicacións editadas polo Museo, dende catálogos ata libros de diversas materias.

Con motivo da mesma celebración, a Biblioteca do Arquivo provincial actualizou na súa páxina web o acceso ao boletín de novidades, que agora conta con 77 novos títulos relacionados na súa gran maioría co ámbito galego e nunha alta porcentaxe coa provincia de Pontevedra.