O xurado falla as curtametraxes gañadoras do "XIII Festival Visualízame Audiovisual e Muller"

Pontevedra
06 de maio 2023

O xurado se reunión no Centro da UNED en Monte Porreiro presidido pola actriz Ángela Rosal

Xurado do "Festival de Curtametraxes Visualízame Audiovisual e Muller" UNED Pontevedra

O xurado do "Festival de Curtametraxes Visualízame Audiovisual e Muller", reunido no centro da UNED Pontevedra este venres e presidido pola actriz Angela Rosal, decidiu que os premios desta XIII edición son os seguintes fosen nas súas distintas categorías para os filmes "Á Travers", "Estrelas do deserto", "Txotxongolia", "Espellismos", "Primeiro encontro" e "Tula". 

O festival Visualízame está organizado por Fundación Inquietarte e a UNED de Pontevedra coa colaboración de Funespaña e a Cátedra UNESCO Paz, Solidariedade e Diálogo Intercultural.

Así, o premio Funespaña recalló no audiovisual "À Travers", de Marine Hervé (Francia), un traballo que reflexiona sobre a morte perinatal e sinala o importante que é despedirse e aceptar a realidade dunha perda difícil de xestionar. 

O Premio Cátedra UNESCO foi para "Estrelas do deserto", de Katherina Harder (Chile). Aborda un dos temas que máis preocupan á UNESCO como se reflicte nos seus obxectivos do desenvolvemento sostible como é a auga. Presenta á infancia, futuro do planeta, como a gran prexudicada polo actual e delicado problema da seca. 

O xurado decidiu que o premio á curtametraxe de Animación fose para "Txotxongiloa", de Sonia Estévez (España). Este traballo ten unha excelente calidade de animación reflexionando con sinxeleza sobre un tema moi de actualidade e moi comprometido. 

O premio ao mellor documental levoullo "Espellismos" (España), producido por Tamara Bo e María Lara e dirixido por Alfonso Palazón. "Espellismos" é un documental tecnicamente moi ben realizado cun tratamento moi elegante dos testemuños. Céntrase nunha orixinal visión en primeira persoa dos refuxiados, usando o testemuño dos protagonistas como fío condutor moi ben retratado. 

O premio ao mellor guion foille concedido á curtametraxe "Primeiro encontro" (España), escrito e dirixido por Mónica Negueruela. Presenta unha excelente calidade nos seus diálogos e na construción dos personaxes cunha orixinal relación nai e filla máis aló da vida. 

Finalmente, o premio á mellor curtametraxe de ficción foi para "Tula" (España), escrito e dirixido por Bea de Silva. Tula reflexiona sobre as mulleres novas que elixen a quen as fai crecer como persoas. Unha muller que, espontánea e libremente, sabe respectalas e transmitirlles o saber. E todo iso nun importante escenario: o cuarto de baño dun colexio. O curto está tecnicamente moi ben planificado aproveitando o espazo como outro elemento que achega un importante valor semiótico ao guion.