O vinte aniversario do SonRías Baixas encherá Bueu de música os días 3, 4 e 5 de agosto

Bueu
15 de febreiro 2023

Por fin hai data para o SonRías Baixas de 2023. A organización confirmou este mércores que a edición deste ano, que coincidirá co vixésimo aniversario do festival, vaise celebrar en Bueu a primeira fin de semana de agosto. Concretamente, os días 3, 4 e 5 de agosto. O festival avanza que o cartel de artistas que actuarán nesta ocasión vaise a desvelar este mesmo venres 17 de febreiro 

Última xornada do Festival SonRías Baixas 2022 May Robledo / Óscar Corral / Rocío Cibes / Festival SonRías Baixas

Por fin hai data para o SonRías Baixas de 2023. A organización confirmou este mércores que a edición deste ano, que coincidirá co vixésimo aniversario do festival, vaise celebrar en Bueu a primeira fin de semana de agosto. Concretamente, os días 3, 4 e 5 de agosto.

O festival avanza que o cartel de artistas que actuarán nesta ocasión vaise a desvelar este mesmo venres 17 de febreiro e os abonos poderán mercarse catro días despois, o martes 21, a través da súa páxina web oficial: www.sonriasbaixas.info.

SonRías Baixas reuniu a pasada edición ao maior número de asistentes da súa historia, un total de 22.230 persoas, o que confirma o seu lugar no panorama de festivais como unha das citas musicais imprescindibles do verán en Galicia.

A nova edición manterá a súa filosofía, a de apostar tanto por bandas consolidadas como emerxentes e para todos os públicos, xuntando no mesmo recinto a música en directo, a gastronomía e o ambiente de praia e natureza de Bueu.

Kase.O, Eskorzo, Rayden, La M.O.D.A. ou Tanxugueiras, entre moitos outros, foron os principais artistas que actuaron no recinto da Estacada o pasado verán.