O VI Obradoiro Internacional de Tradución Poética ofrecerá un recital na Casa da Luz

Pontevedra
09 de outubro 2017

O portugués será a lingua vehicular desta edición de 'Con barqueira e remador', que volve realizarse na Illa de San Simón entre o 16 e o 21 de outubro

Presentación do VI Obradoiro de Tradución Poética Deputación de Pontevedra

O sexto Obradoiro Internacional de Tradución Poética 'Con barqueira e remador' volverá celebrarse na Illa de San Simón entre o 16 e o 21 de outubro coa novidade de que o portugués será a lingua que se utilice como instrumento de ligazón entre os diferentes poetas que acudirán a esta cita, segundo expuxo Yolanda Castaño, impulsora deste proxecto.

No anteriores cinco edicións empregábase o inglés como lingua franca. Neste proxecto reúnense durante unha semana seis poetas que desenvolven un traballo de tradución: Francesca Cricelli; Rita Dahl; Tomica Bajsic; Hu Xudong, Antón García e Estevo Creus

Realizaranse recitais abertos e gratuítos durante este evento. Serán na Casa da Luz, en Pontevedra, o mércores 18 ás 20.00 horas; no Instituto Camôes en Vigo e na Casa da Cultura de Redondela.