A música electrónica converterase na protagonista da exposición que se poderá visitar esta primeira semana de novembro na Casa da Luz na praza da Verdura. A compañía discográfica pontevedresa Certain Music mostrará vinilos neste espazo completada con deseños da artista lucenseAnnita Rivera "Plástica", recoñecida no mundo da música electrónica polos seus traballos con artistas internacionais como Jeff Mills.
Annita Rivera "Plástica" tamén realizou deseños de vinilo en coñecidos selos independentes. Ademais poderanse ver orixinais táboas skate deseñados pola propia Plástica e por Trindade Tatoo, You_o, NiN9 Estencil.
A exposición forma parte das actividades do décimo segundo aniversario da tenda Playground Store da que é propietario o fundador do selo discográfico Certain Music, José González "Malaguita".
Tamén levará a cabo unha charla-coloquio do propio José González para explicar como naceu a discográfica. Será o venres 6 de novembro na Casa da Luz coa intervención de Dj Set.
Esta programación inclúese en Pontevedra ten un Puntazo, promovida polas concellerías de Promoción da Cidade e Cultura.