Era un dos concertos máis esperados e José María Sanz, máis coñecido como Loquillo, non defraudou. Desde o escenario da praza de España logrou que miles de persoas de todas as idades coreasen as súas cancións.
O cantante catalán fixo un repaso dos seus últimos traballos e en concreto do seu último disco, 'Viento del este', pero tamén dos clásicos do pop/rock da década dos oitenta cando á fronte dos Troglodistas, Loquillo converteuse nun ídolo para toda unha xeración.
Cancións como 'Cadillac solitario' ou 'Rock and roll star' fixeron vibrar aos asistentes que gozaron dunha noite moi agradable, coa que finalizaban os concertos das Festas da Peregrina.