O Río Verbena quenta motores para encher o Parque de Tafisa

Pontevedra
23 de setembro 2022

Todo está preparado xa no Parque de Tafisa para celebrar o festival Río Verbena. Os amantes da música urbana teñen unha cita ineludible este sábado 24 de setembro cun evento que traerá á cidade a artistas do talle de Hijos de la Ruina, Maikel DelaCalle, Sila Lúa ou Villano Antillano

Traballos para acondicionar o parque de Tafisa para o festival Río Verbena Mónica Patxot

Todo está preparado xa no Parque de Tafisa para celebrar o festival Río Verbena. Os amantes da música urbana teñen unha cita ineludible este sábado 24 de setembro cun evento que traerá á cidade a artistas do talle de Hijos de la Ruina, Maikel DelaCalle, Sila Lúa ou Villano Antillano.

Durante os últimos días intensificáronse os traballos de montaxe de todo o recinto que acollerá o festival, organizado pola compañías Maldita Sed e Esmerarte, co apoio do Concello de Pontevedra e da Xunta de Galicia, a través da programación cultural do Xacobeo 21-22.

Sete actuacións e máis de nove horas de música integrarán a oferta lúdica do festival Río Verbena, que contará ademais cunha zona con 'food-trucks' con diversas propostas gastronómicas.

En total, puxéronse tres mil entradas á venda para este festival.

Os concertos comezarán ás 17:30 horas coa actuación de Thom Archi, ao que lle seguirá unha hora despois, ás seis e media da tarde, o concerto de Maikel Delacalle.

Ás 19:45 será a quenda de Sila Lua e, a continuación, Villano Antillano actuará por primeira vez en Galicia. Será a partir das nove da noite.

A recta final do festival Río Verbena arrancará ás 22:25 horas con Ayax e, a partir das doce e cuarto da noite, chegará o momento de asistir ao último concerto en conxunto de Hijos de la Ruina, o proxecto musical que comparten Natos y Waor xunto a Recycled J.

O fin de esta será da man da sesión DJ de Groove Amigos, desde as 01:45 horas. 

Entre varios dos concertos haberá también sesións amenizadas polos DJ More Amore, N.Skillzz e G.Rich, e exhibicións de graffiti da mano de O´Ras.

TRES MIL ÁRBORES

No marco do festival, o Concello de Pontevedra distribuirá 3.000 árbores de balde entre os asistentes co obxectivo de compensar os efectos do seu impacto ambiental e implicar á cidadanía na loita contra o cambio climático.

Esta iniciativa, impulsada polas concellerías de Medio Natural e Promoción económica, contempla o reparto de 600 carballos comúns, 500 bidueiros, 500 castaños, 500 arces, 200 alcornoques e 200 cereixeiras, segundo informou o goberno municipal.

"Máis aló de seren un agasallo bonito, as árbores están destinadas a neutralizar a pegada ecolóxica e as emisións de CO2 á atmósfera que este festival, como calquera outro, vai producir", subliñou o concelleiro Iván Puentes.