O rapero Recycled J e o espectáculo Kine Circus protagonizan unha nova xornada de abarrote nas Festas da Peregrina

Pontevedra
16 de agosto 2023

Multitude de público congregouse este martes no centro da cidade para gozar dunha nova xornada de espectáculos e concertos dentro da programación da Peregrina, tanto na Praza da Ferrería como no escenario da Praza de España

Concerto de Recycled J nas Festas da Peregrina Concello de Pontevedra

Unha xornada máis o centro da Boa Vila encheu de público para seguir os espectáculos e concertos principais da programación das Festas da Peregrina.

Por unha banda o circo pediu o seu espazo de protagonismo na Praza da Ferrería, onde ás 21.00 horas Kine Circus mostrou as súas habilidades para asombro dos presentes.

A compañía etíope, creada para ofrecer un espazo de lecer e desenvolvemento a nenos e nenas en risco de exclusión en Adis Abeba, presentou en Pontevedra un show cheo de acrobacias, danza e fantasía.

Despois chegou a quenda, ás 22.30 horas, dunha nova xornada de concertos no escenario da Praza de España, onde subiu o rapero Recycled J, un referente da música urbana nacional que congregou a un gran número de espectadores.

As Festas da Peregrina aproxímanse xa á súa ecuador, e fano este mércores 16 de agosto cunha xornada na que están programadas as actuacións do dúo Fetén Fetén (21:00 horas) no escenario da Praza da Ferrería e dun dos artistas para seguir na escena galega como Baiuca, que actuará na Praza de España (22.30 horas).