'O Que Arde', de Oliver Laxe, peche de luxo para o Culturgal

Pontevedra
01 de decembro 2019

A oferta do Culturgal non cesa, e entre as múltiples actividades dispoñibles para os asistentes o audiovisual galego ten un lugar especial con dous proxeccións que se realizarán no salón de actos do Pazo da Cultura

Oliver Laxe, director galego de cine Mónica Patxot

A oferta do Culturgal non cesa, e entre as múltiples actividades dispoñibles para os asistentes o audiovisual galego ten un lugar especial con dous proxeccións que se realizarán no salón de actos do Pazo da Cultura.

Para os máis cativos a sesión dominical comeza ás 17.00 horas coa proxección de 'Atopando o Camiño', unha curtametraxe de ficción realizado en colaboración coa Universidade de Vigo e protagonizado polo alumnado do CEIP Parada-Campañó.

Máis tarde, ás 18.00 horas, procederase coa proxección de 'O Que Arde', a última largometraxe do director galego Oliver Laxe. Nela Amador, un ex convicto que regresa ao seu hogar tras cumprir condena por provocar un incendio forestal, tatará de atopar o seu lugar nun pobo que sospeita de él á vez que retoma a súa relación coa sua nai, Benedicta. Un relato intimista e cheo de silencios no que o sufrimento dos seus personaxes aflora nas súas pequenas rutinas.

A cinta levou o premio do xurado de Cannes na selección Un Certain Regard e tivo un paso moi exitoso pola carteleira española. O pase contará coa presenza e una presentación feita polo propio Laxe.