O Palco da Música encherase de vida cultural durante os meses de maio e xuño

Pontevedra
12 de marzo 2018

A iniciativa 'Sube ao Palco' busca dar difusión á produción cultural de Pontevedra sexa cal for a súa disciplina, permitindo aos mozos demostrar a súa arte no palco da Alameda

Palco da Alameda María López

O Concello de Pontevedra quere volver darlle vida ao Palco da Música da Alameda. Para aproveitar o fervor cultural da cidade púxose en marcha a iniciativa 'Sube ao Palco', que seguindo a liña de 'Sétima Feira' ,busca dar difusión á produción artística de Pontevedra.

Durante os meses de maio e xuño terán lugar diferentes representacións desde música ata teatro, pasando por danza, poesía ou moda. Todas as disciplinas teñen cabida en 'Sube ao Palco'.

Esta iniciativa está enfocada cara á xente nova, en concreto quen desexe participar deberá ter entre 12 e 35 anos, ademais de estar empadroado ou ser estudante na cidade. Para inscribirse será necesario encher un formulario na páxina do Concello de Pontevedra, o prazo límite para a presentación de propostas será o 13 de abril.

De entre todas as propostas escolleranse oito, seleccionadas por un xurado especializado en cada unha das disciplinas presentadas. Os gañadores poderan mostrar o seu talento un xoves dos meses de maio e xuñocada un, salvo o Día das Letras Galegas.

Ademais realizarase unha gravación audiovisual de cada unha das mostras, que estará dispoñible para que os participantes mostren o seu traballo. Estes vídeos utilizaranse como promoción por parte do Concello para demostrar a potencia cultural de Pontevedra.