Con motivo da posta en marcha do proxecto de reforma da ponte do Burgo, prevista para este ano, anunciábase esta mañá o inicio dunha exposición no edificio Sarmiento. Inaugurarase este venres 2 de marzo, ás 20:00 horas, polo alcalde e a presidenta da Deputación de Pontevedra.
A través desta exposición explicarase e vai darse a coñecer o proxecto de reforma que actualmente se atopa en trámite, ademais de facer unha achega á historia da ponte. Permitirá apreciar a evolución que experimentou desde a súa construción no século XII.
A exposición constará de 15 paneis de varias pezas atopadas nas diferentes escavacións da ponte. Apoiando isto, editarase un catálogo, unha páxina web e un vídeo que recollerá reflexións de historiadores, arquitectos e cargos políticos acerca da súa historia.
Ata o día 28 de marzo, os pontevedreses e turistas poderán coñecer a historia da ponte, os detalles da súa reforma e o resultado das obras.