O legado de Filgueira Valverde transmítese entre xeracións

Pontevedra
19 de maio 2015

O Café Moderno acolleu este martes a estrea oficial do novo programa interxeracional deseñado pola entidade para poñer en valor o legado e a experiencia que os maiores poden transmitir aos mozos. A figura de Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015, foi a protagonista da sesión inaugural a través dunha teatralización da súa vida

Socios do centro de maiores de Afundación representan ante escolares 'Filgueira Valverde e o seu tempo' Mónica Patxot

O Café Moderno acolleu este martes a estrea oficial do novo programa interxeracional deseñado pola entidade para poñer en valor o legado e a experiencia que os maiores poden transmitir aos mozos. A figura de Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015, foi a protagonista da sesión inaugural a través dunha teatralización da súa vida.

Persoas que foron contemporáneas a Filgueira Valverde e que poden achegar unha perspectiva en primeira persoa do seu extenso e prolífico labor cultural protagonizaron a actividade na sede de Afundación en Pontevedra.

Na actividade tamén participou o coro do Centro de Maiores, co obxectivo de que os pequenos poidan coñecer as achegas do intelectual pontevedrés na vida cultural galega. Incidirá deste modo na importancia da vila pontevedresa para Filgueira e tamén presentará algúns dos personaxes singulares da intelectualidade da época para reforzar o seu coñecemento por parte dos nenos e nenas.

Todos eles teñen entre 57 e 80 anos, son socios do Centro de Maiores Afundación de Pontevedra e algúns membros tamén do seu grupo de teatro. Representarán 'Filgueira Valverde e ou seu tempo' ata o próximo 28 de maio en catro ocasións, nas que chegarán a máis de 200 escolares.

Arquivado en