O Kepa Junquera máis galego encandila ao público pontevedrés coa estrea do seu disco "Galiza"

Pontevedra
01 de decembro 2013

Saír ao escenario co público xa metido no peto de antemán é algo que moi poucos artistas conseguen. Un deles é Kepa Junquera. E demostrouno unha vez nun abarrotado Pazo da Cultura, onde esperaban pacientes centos de persoas. Era unha das grandes citas de Culturgal 2013. O músico vasco chegaba a Pontevedra para estrear o seu novo disco, Galiza, a súa particular homenaxe aos ritmos folk de País Vasco e Galicia

Kepa Junquera xunto a Uxía Senlle, durante o seu concerto en Pontevedra Mónica Patxot

Saír ao escenario co público xa metido no peto de antemán é algo que moi poucos artistas conseguen. Un deles é Kepa Junquera. E demostrouno unha vez nun abarrotado Pazo da Cultura, onde esperaban pacientes centos de persoas. Era unha das grandes citas de Culturgal 2013. O músico vasco chegaba a Pontevedra para estrear o seu novo disco, Galiza, a súa particular homenaxe aos ritmos folk de País Vasco e Galicia.

Durante o concerto, Kepa Junquera estivo acompañado por numerosos músicos galegos e vascos: Xabier Diaz (voces e percusións), Pedro Lamas (gaitas, saxos, percusións), Cristina Pico (voces e percusións tradicionais), Carolina Vázquez (voces e percusións tradicionais), Cristina González Laya (voces e percusións tradicionais), Jose Luís Canal (teclado), Argibel Euba (txalaparta e percusións) e Iñigo Olazábal (txalaparta, alboka e percusións).

Sobre o escenario tamén estiveron algúns dos colaboradores galegos deste disco: Budiño, Leilía, Uxía, Treixadura, Daniel Do Pando ou Davide Salvado.

Foi unha actuación chea de sorpresas e momentos emotivos, na que a trikitixa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fundiuse coas gaitas, as voces, os pandeiros e os acordeóns para crear un universo de música tradicional que fixo as delicias do público que enchía as butacas do auditorio do Pazo da Cultura.