O IES Montecelo programa unha intensa semana polas Letras Galegas

Pontevedra
12 de maio 2015

Co gallo da celebración dos actos da Semana das Letras Galegas, o vindeiro mércores 13 de maio ás 11.30 horas, organizado polos departamentos de Normalización Lingüística e de Biblioteca escolar, terá lugar unha conferencia coloquio, no salón de actos do centro para o alumnado do IES Montecelo, a cargo de Ángeles Tilve Jar, conservadora do Museo Provincial, que disertará sobre "Filgueira Valverde e o Museo de Pontevedra", dado a o seu importante labora a prol da difusión e preservación do patrimonio cultural galego

Entrada principal do IES Montecelo IES Montecelo

Co gallo da celebración dos actos da Semana das Letras Galegas, o vindeiro mércores 13 de maio ás 11.30 horas, organizado polos departamentos de Normalización Lingüística e de Biblioteca escolar, terá lugar unha conferencia coloquio, no salón de actos do centro para o alumnado do IES Montecelo, a cargo de Ángeles Tilve Jar, conservadora do Museo Provincial, que disertará sobre "Filgueira Valverde e o Museo de Pontevedra", dado a o seu importante labora a prol da difusión e preservación do patrimonio cultural galego.

O venres 15 de maio a partir das 11.20 horas celebrarase nas instalacións do centro do "Día das letras galegas" coa seguinte programación:

  • Ás 11.20 horas "Carreira das letras galegas": todo o centro está convidado a correr lucindo un dorsal que leve escrita unha palabra en galego da súa elección.
  • Ás 11.30 horas "3x3 baloncesto": competición deportiva entre equipos de 2 compoñentes.
  • Ás 12.30 "Concerto do grupo Champurrada": o grupo pontevedrés tocará para o noso alumnado o seu rock galego.
  • Dende as 11.30 ata as 14.00 horas. "Graffiti conmemorativo" : o artista Sergio Alfonsín, alumno de 1º do ciclo superior de Produción en Artes Gráficas.
  • Dende as 11.30 horas: Photocall de lemas en galego: a comunidade escolar foi escribindo diferentes lemas en galego e sobre o galego nun taboleiro do centro ao longo destas últimas semanas, e que servirá como photocall ese mesmo venres.

 

Ademais da programación dese día, tamén o centro conta con dous concursos: deseño do debuxo para unha camiseta onde se conmemoren as letras galegas e escritura de lema en galego.

A biblioteca do centro regalará ese día marcapáxinas conmemorativos.

Arquivado en