O IES Luís Seoane celebra o Día Mundial da Poesía e a chegada da primavera cun poema adicado a Rosalía de Castro

Pontevedra
21 de marzo 2022

O alumnado de 1ºESO do IES Luís Seoane elaborou un poema de grandes dimensións, no patio do centro escolar, adicado a Rosalía de Castro. Asimesmo celebraron a chegada da primavera e o Día Mundial da Poesía que se conmemora o 21 de marzo. O Día Mundial da Poesía coincide co equinoccio de primavera no hemisferio Septentrional.

O IES Luís Seoane celebra o Día Mundial da Poesía e a chegada da primavera cun poema adicado a Rosalía de Castro IES Luís Seoane

O alumnado de 1ºESO do IES Luís Seoane elaborou un poema de grandes dimensións, no patio do centro escolar, adicado a Rosalía de Castro. Asimesmo celebraron a chegada da primavera e o Día Mundial da Poesía que se conmemora o 21 de marzo coincidindo co equinoccio de primavera no hemisferio septentrional.

Rosalía florece
en primavera
porque o día da
poesía era o mellor
día.


Os alumnos e alumnas recolleron flores e follas relacionando o material das letras do poema cos títulos das obras de Rosalía de Castro (La flor e Follas novas). Nesta actividade interdisciplinar colaboraron os departamentos de Bioloxía, Lingua Galega e Literatura e Lingua Castelá e Literatura. Tamén Rubén Cifrián, da empresa Geomati-K Ingeniería, que gravou cun dron a alfombra floral para axudar a difundir esta iniciativa escolar.

Esta actividade lúdico-educativa busca traballar e relacionar ó alumnado coa natureza e a observación do cambio na paisaxe que nos rodea. Por outra banda, o profesorado traballou o xénero poético e a creación colectiva para elaborar o poema adicado a Rosalía de Castro. A temática estaba relacionada coa terra porque a poeta non puido separar o sentimento da poesía e da natureza.

O alumnado participante traballou de forma creativa e divertida a arte efímera dentro e fóra da aula construíndo entre todos, con letras florais, un poema no chan do patio do IES que deixa atrás o inverno e dá paso á nova estación.