Xornada de humor e risas no Teatro Principal, nunha das últimas citas de Domingos do Principal.
Nesta ocasión os protagonistas foron os actores Víctor Mosqueira e Josito Porto, dando vida a dous pallasos que viven á marxe de todo no espectáculo 'Cartoóns'.
Trátase dunha coprodución das compañías Producións Excéntricas e Teatro do Adro que ofreceu un dobre pase no Teatro Principal, para goce dos máis pequenos.
Neste espectáculo musical e de clowns, os protagonistas sérvense deses cartóns que a xente tira e non serven de moito para construír cousas e historias que contar ao público.
Aínda que na súa recta final, Domingos do Principal aínda garda algunha sorpresa máis na súa programación, continuando o domingo 2 de maio co Contacreques da compañía Eme2.