O Festival Sinsal dará visibilidade aos alumnos de Publicidade e Belas Artes do campus de verán da Universidade de Vigo

Pontevedra
12 de xullo 2017

A Universidade de Vigo está a desenvolver un campus de verán que aúna "investigación, creatividade e tecnoloxía" nun proxecto formativo que desembocará na nova edición do festival Sinsal que comeza o 20 de xullo, un día antes do previsto, para presentar os proxectos nos que estiveron traballando estes alumnos ao longo de oito semanas

Presentación do Campus San Simón Mónica Patxot

A Universidade de Vigo está a desenvolver un campus de verán que aúna "investigación, creatividade e tecnoloxía" nun proxecto formativo que desembocará na nova edición do festival Sinsal que comeza o 20 de xullo, un día antes do previsto, para presentar os proxectos nos que estiveron traballando estes alumnos ao longo de oito semanas.

O evento musical celébrase na illa de San Simón que tamén acollerá as "creacións de vangarda" deseñadas por 15 alumnos de cinco titulacións diferentes do Campus de Pontevedra co apoio de profesores expertos e artistas de prestixio.

"Trátase de dar a coñecer o que fan e o noso talento", sinalou o vicerreitor José Manuel Corbacho respecto desta iniciativa que ten "vocación de continuidade".

Outra das novidades deste ano é a exposición duns valos de cartón cortado a láser que se emprazarán diante dos escenarios do festival e que foron realizadas por cinco alumnas da Facultade de Belas Artes de Pontevedra co propósito de dar visibilidade ao traballo das mulleres que se forman neste centro do campus pontevedrés.