O Festival Revenidas cumpre 15 anos en Vilaxoán

O Salnés
08 de agosto 2018

Máis de 30 concertos e outras actividades paralelas compoñen a 15ª edición do festival, que foi presentada oficialmente este mércores e que se celebrará do 17 ao 19 de agosto

Presentación do XV Festival Revenidas en Vilaxoán Deputación de Pontevedra

O Festival Revenidas presentou este mércores de maneira oficial a que será a súa 15ª edición, que se celebrará en Vilaxoán do 17 ao 19 de agosto.

Serán máis de 30 concertos, unha gala de circo, sesións de 'dub' na praia ou a súa tradicional sardiñada popular os eventos que compoñen unha ampla programación.

En canto ao cartel principal do Festival Revenidas, o venres 17 tocarán Soziedad Alkoholika, Ayax y Prok, The Real Mckenzies, Ezetaerre, Joan Garriga e Galactic Mariatxis, Balkan Bomba, Keltoi! e María Turme DJ

O sábado 18 pola súa banda será a quenda de Tremenda Jauría, Steven 'n' Seagulls, Cuarta Xusta, NH3, Glaukoma e Isaac Peces DJ, ademais dunha banda sorpresa.

Por último o domingo día 19 pecharán o festival Russkaja, Dakidarría, Banda Xangai, Zoo, Xavi Sarrià i el Cor de la Fera, High Paw & Elephand Yard, El Diluvi, Auxili e The Dawlins.

Ademais do director de Revenidas, Xoán Quintáns, na presentación do festival estiveron presentes o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, a presidenta da  Deputación, Carmela Silva, o director de AGADIC, Jacobo Sutil, e o artista Xurxo Souto, entre outros.