O Festival de Artes Escénicas 2023 de Afundación comeza en Pontevedra o 30 de maio

Pontevedra
29 de maio 2023

As actuacións serán a cargo da Fundación Adcor na Sede Afundación de Pontevedra, Aceesca no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo e do Centro Méndez Núñez na Sede Afundación da Coruña. As entradas gratuítas estarán dispoñibles na web Ataquilla.com

Sede de Afundación en Pontevedra

Afundación e Special Olympics Galicia poñen en marcha unha edición máis do Festival de Artes Escénicas Special Olympics.

Comezará este martes 30 de maio, na Sede Afundación de Pontevedra, coa representación a cargo da Fundación Adcor de "A volta ao mundo en 80 días".

Continuará o 14 de xuño, no auditorio do Teatro Afundación de Vigo, con Aceesca e o espectáculo de teatro, canto e baile. Finalmente, o festival poñerá o seu punto e final na Sede Afundación da Coruña o xoves 15 de xuño coa representación de "Romeo e Julieta hoxe" a cargo do Centro Méndez Núñez.

As entradas, gratuítas, estarán dispoñibles na web Ataquilla.com. 

Este festival enmárcase na liña estratéxica de impulso social a través tamén da cultura da Obra Social de ABANCA que considera a arte, nas súas diversas manifestacións, como un potente elemento de inclusión social xa que favorece a integración e contribúe a romper estereotipos.