O espectáculo porteño de "Más Tango" chega a Cambados o sábado

O Salnés
21 de outubro 2014

O show será de carácter gratuíto pero será imprescindible retirar unha invitación que estará a disposición dos espectadores a partir deste martes, no Departamento de Cultura no Concello de Cambados

Espectáculo de "+Tango" +Tango

A compañía + Tango desembarca este sábado 25 de outono ás 20.30 horas no Auditorio da Xuventude co motivo da xira do seu novo espectáculo que os leva pola xeografía galega. O show será de carácter gratuíto pero será imprescindible retirar unha invitación que estará a disposición dos espectadores a partir do martes, no departamento de Cultura no Concello de Cambados.

"+ TANGO" é unha anovadora alternativa a nivel cultural e musical poucas veces vista neste formato en Galicia. No mesmo, ademais da execución de temas, o espectador tamén fará un percorrido por partes da historia deste xénero musical. Anécdotas, pequenas biografías, ou recitado de poesías tangueras. Dúas voces (feminina e masculina) interpretarán tangos para o espectador xunto con dous instrumentos fundamentais: bandoneón e piano, que así conforman a oferta artística.

O show será de carácter gratuíto pero será imprescindible retirar unha invitación

O desenvolvemento do espectáculo está dirixido por un presentador e narrador, quen irá introducindo cada actividade artística, levando ao público a un paseo atemporal e profundo por Bos Aires, mesturando música e baile con anécdotas, historia e poesía "sencillamente porque el tango es exactamente eso" confirman dende a compañía.

O espectáculo completo inclúe sete artistas en escena, aportando a sensualidade indiscutible do baile, á proximidade da interpretación, da poesía e da historia do Tango.

FESTIVAL DE CORAIS

Para completar a fin de semana musical, o domingo 26, ás 18.30 horas, celébrase unha nova edición do Festival de Corais, organizado pola Coral Polifónica de Cambados. Tamén será no escenario do auditorio municipal da Xuventude.