O Espazo Cuntis Xove organiza unha tarde de actividades lúdicas polo Día das Letras Galegas

Umia
16 de maio 2022

Haberá xogos e concursos e o Concello convida á mocidade a achegarse á Casa do Médico

Casa do Médico en Cuntis Concello de Cuntis

O Espazo Cuntis Xove situado na Casa do Médico organizará este martes unha xornada con actividades especiais para conmemorar o Día das Letras Galegas. 

A partir das 17.00 horas as instalacións converteranse nunha "festa das letras" orientada aos rapaces a partir de 14 anos, con actividades didácticas e culturais pero cun marcado carácter lúdico.

Os que se animen a participar poderán ademáis participar nun sorteo especial, no que a organización da actividade repartirá entre os asistentes un rasca que dará opción a facerse cunha bolsa con recheo sorpresa.

Desde o Concello de Cuntis animan á mocidade do municipio a achegarse ata a Casa do Médico e converter a tarde do 17 de maio nun punto de encontro e nun momento de diversión.

 

Arquivado en