A última fin de semana de novembro volverá acoller unha edición máis da Feira das Industrias Culturais, Culturgal, no Pazo da Cultura. Este ano a pandemia impide a presenza de empresas en postos espallados polo Recinto Feiral e hai unha importante limitación de público para asistir ás actividades. Pola contra, a edición será emitida por streaming para que calquera poida seguilo dende a súa casa. Esta 13 edición volverá contar con numerosas propostas que impulsa o Concello de Pontevedra, segundo explica a concelleira responsable do departamento de Cultura Carmen Fouces.
Desta maneira, Pontevedra intensifica a súa programación en todos os espazos previstos: Libro, Foro, Cinema e Escena, con actuacións musicais, presentación de libros, emisión de películas e charlas sobre proxectos como o Salón do Libro, entre outras accións.
As sedes para cada sección van reorganizarse este ano, o Espazo Libro estará no Teatro Principal; o Salón de Actos do Pazo da Cultura acollerá o Espazo Cinema; o Auditorio do Pazo recollerá as actuacións de Espazo Escena e o Foro vai desenvolverse na Sala de Exposicións do mesmo edificio da Xunqueira.
O Concello estará presente nos seguintes espazos:
Sábado 28 de Novembro. Espazo ESCENA (Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra). Bloque de 12:30 a 13:30 h
- Actuación da Xingro ́s Big Band. Concello de Pontevedra
Domingo 29 de Novembro. Espazo Libro (Teatro Principal de Pontevedra) Dentro del Bloque de 11:00 a 12:15 h. Culturgal BD 2020
- 12:00h. Presentación da biografía en formato banda deseñada sobre Josefina Arruti "Os berros da motocicleta" de Kiko Dasilva e Pablo Prado. Publicado polo Concello de Pontevedra dentro do programa A memoria das mulleres da Concellaría de Patrimonio e Memoria Histórica.
Espazo Foro (Sala de exposicións do Pazo da Cultura) Bloque de 13:00 h a 14:15 h.
- 13:00h. Programa "Falamos" da Concellaría de Xuventude e Normalización Lingüística e a Universidade de Vigo
- 13:15h. 10 anos "Na beira do río. Diálogos na Pintura" con Ramón Rozas e Teresa Cuíñas.
- 13:35h. XXII Salón do Libro "Emerxencia literaria: libros para salvar o Planeta. Novos formatos para novos tempos", con Carme Fouces e Eva Mejuto.
- Biografía de Virxinia Pereira "A vida incerta" con Xaquín Moreda e Montse Fajardo. Publicado polo Concello de Pontevedra dentro do programa A memoria das mulleres da Concellaría de Patrimonio e Memoria Histórica.
Espazo CINEMA (Salón de Actos do Pazo da Cultura) Bloque de 16: 00 h a 17:30 h
- Proxección "Longa Noite" de Eloy Enciso. Concello de Pontevedra
Espazo Libro (Teatro Principal de Pontevedra) Bloque de 17:30 a 18:20 h Libros e lugares
- 18:05h. Presentación do libro gañador do III Premio María Victoria Moreno "Velloucas e minchas" de Lorena Conde. Asisten a autora premiada, a concelleira de Cultura, Carme Fouces, Andrea Jamardo da editorial Cuarto de Inverno e Luz Gallego, membro do xurado.
As entradas en forma da convite para todas as actividades do Concello estarán a disposición do público no web do Cuturgal www.culturgal.com