O concerto de Sés en Pontevedra, suspendido en novembro, será o 22 de maio

Pontevedra
10 de marzo 2021

O Auditorio do Pazo da Cultura acollerá, o vindeiro 22 de maio, o concerto de Sés; como parte da xira do seu séptimo traballo discográfico 'Liberar as arterias', no que se inclúe unha selección de cancións con letra e música propias da cantautora  

Concerto de Sés no Pazo da Cultura para presentar 'Opoñarse á extinción' Diego Torrado

O auditorio do Pazo da Cultura acollerá, o vindeiro 22 de maio, o concerto de Sés; como parte da xira do seu séptimo traballo discográfico 'Liberar as arterias', no que se inclúe unha selección de cancións con letra e música propias da cantautora.

O concerto, que estaba pensado facerse o 7 de novembro do 2020, tivo que ser cancelado por mor da pandemia. 

A actuación comezará ás 21:00 horas e está previsto que remate ás 22:30 horas. 

Neste novo traballo discográfico, Sés potencia a súa mensaxe tradicional, no que fai un percorrido por toda América. Liberar As Arterias é o seu sétimo álbum, e neste caso incluíu unha selección de cancións con letra e música composta pola propia cantautora.

Neste proxecto conta, na xira, cos seus músicos habituais: Tito Calviño como guitarrista, Fernando Fraga no baixo, Lorena "Cachito" Martín, de batería, Lucía Cela, Lucia Souto e Rebeca Rama facendo os coros e Chicho Cordero en percusión.

A súa obra pódese escoitar nas plataformas de YouTubeSpotify e  iTunes

O concerto forma parte duha ampla rede de actividades promovidas pola Xunta nos vindeiros meses, no que xa están programadas sete actividades escénicas e musicais para a cidade de Pontevedra, ademais de 300 actuacións en 40 concellos de toda Galicia.

As actividades están enfocadas para público de diversas idades, e se inaugurarán mañá xoves 11 de marzo con 'Feminíssimas', de De Ste Xeito Producións. As actividades están planificadas para celebrarse ata o mes de xuño.