O colexio Marcos da Portela gaña o premio do Día das Letras Galegas que entrega a RAG

Pontevedra
19 de xaneiro 2021

Estudantes, familias e profesores traballaron durante o confinamento e desescalada da primeira onda da covid-19 na produción de vídeos sobre a vida de Carvalho Calero, mediante a representación dunha das súas obras, a creación de concursos, así como lecturas e recitais das súas creacións

Entrada do CEIP Marcos da Portela Mónica Patxot

O colexio Marcos da Portela, de Pontevedra, xunto ao ourensán Saco Arce de Toén e o coruñés Juan Fernández Latorre, acaba de proclamarse gañador da última edición do certame Contádenos o voso Día das Letras Galegas que concede a Real Academia Galega.

Os tres centros presentaron traballos relacionados coa vida e obra de Ricardo Carvalho Calero que implicaron a participación do alumnado e das súas familias durante o confinamento e a desescalada.

Os colexios triunfadores recibirán lotes de libros para ampliar o catálogo das súas bibliotecas. Ademais, desde a RAG poñen en valor o traballo dos profesores para elaborar materiais que fixesen posible aos estudantes completar os traballos desde as súas casas.

A obra realizada polos escolares do centro pontevedrés centrouse en realizar un percorrido pola biografía de Carballo Calero que mesturaron con recitais de poemas e lectura de fragmentos dos seus títulos en diferentes pezas audiovisuais gravadas durante a primeira onda da covid-19.

Noutra peza, adaptan o relato As pitas baixo a chuvia coa intérprete de lingua de signos do centro e presentaron un terceiro vídeo en consistentes en tres Pasapalabras sobre o autor adaptado a cada un dos ciclos de primaria.