O colexio Froebel gaña o premio ao Maio 2017

Pontevedra
01 de maio 2017

O maio do colexio Froebel foi o gañador do tradicional concurso que anualmente, o Primeiro de Maio, celebra o Concello de Pontevedra na praza da Ferrería

Concurso dos Maios 2017 Cristina Saiz

O maio do CEIP Froebel foi o gañador do tradicional concurso que anualmente, o Primeiro de Maio, celebra o Concello de Pontevedra.

Un total de dez "maios" subiron ao escenario da praza da Ferrería: San Xulián, o CEIP Froebel, a Asociación Recreativa de Xeve, o Marcos da Portela, o ANPA do CEIP Campolongo, o Maio dos Avós, a Asociación Cultural Miúdos de Arcade, a Cultural e Deportiva de Marcón, a de Campañó e o CEIP Barcelos.

Teresa Couto Nogueira, mestra e ex directora do colexio Froebel, foi a encargada de dar a  "Benvida ao maio".

Os premios do Concurso dos Maios 2017, celebrado este luns, son os seguintes:

PREMIO AO MAIO

  1. premio: CEIP Froebel
  2. premio: Asociación cultural e deportiva de Marcón
  3. premio: CEIP Marcos da Portela
  4. premio: Asociación deportiva e cultural Campañó

 

PREMIO CANTIGAS

  1. premio: CEIP Marcos da Portela
  2. premio: Asociación deportiva e cultural Campañó
  3. premio: CEIP Froebel
  4. premio: Asociación cultural e deportiva de Marcón

 

PREMIO INTERPRETACIÓN

  1. premio: CEP Campolongo
  2. premio: CEIP Froebel
  3. premio: CEIP Marcos da Portela
  4. premio: Asociación cultural e deportiva de Marcón

 

PREMIO COROA

  1. premio: Asociación deportiva e cultural Campañó
  2. premio: CEIP Froebel
  3. premio: Asociación cultural e deportiva de Marcón
  4. premio: CEP Marcos da Portela

 

Premio especial do xurado: CEIP Barcelos

Premio especial maios: CEIP Froebel