O Cineclube despide o xaneiro de Agnès Varda con 'Os espigadores e a espigadora'

Pontevedra
27 de xaneiro 2020

Encaramos a última semana de xaneiro e con iso ademáis de decir adeus ao mes o facémolo tamén coa programación do cineclube de Pontevedra

'Os espigadores e a espigadora', de Agnès Varda Cineclube Pontevedra

Encaramos a última semana de xaneiro e con iso ademáis de decir adeus ao mes o facémolo tamén coa programación do cineclube de Pontevedra. Ao longo das últimas semanas disfrutamos dunha selección de cintas da directora francesa Agnés Varda, unha das figuras máis emblemáticas da Nouvelle Vague.

Para pechar este ciclo a cinta escollida será o documental 'Os espigadores e a espigadora', que se proxectará este martes 28 ás 20.30 no Teatro Principal. A proxección será en versión orixinal en francés con subtítulos e a entrada terá un prezo de tres euros.

Atopámonos ante un dos traballos máis celebrados de Varda, que chegou a incluírse na lista das 100 películas máis importantes do século XXI realizada pola BBC en 2016. Nel asistimos a un inventario de espigadores que colleitan aquilo que outras persoas deixan atrás.

Trátase dun dos primeiros traballos onde a realizadora francesa experimentou coa imaxe dixital, o cal tradúcese nun documental que responde á lóxica da improvisación onde a directora non é unha figura á marxe senon un personaxe máis no propio relato.

Ficha
Título: Os espigadores e a espigadora
Directora: Agnès Varda
Ano: 2000
País: Francia
Duración: 82 min.
Idioma: Francés