O ciclo sobre cine e saúde mental 'O oficio de vivir' arranca este xoves con 'A habitación do fillo'

Pontevedra
29 de xaneiro 2020

'A habitación do fillo', do director italián Nanni Moretti, é a escollida para dar comezo a este ciclo nunha sesión que comezará ás 19.00 horas no Teatro Principal.

Fotograma de 'A habitación do fillo', de Nanni Moretti PontevedraViva

Como parte da oferta audiovisual na capital pontevedresa este xoves dá comezo o ciclo de cine 'O oficio de vivir', froito dunha colaboración entre o colectivo Taller Aberto co departamento municipal de Benestar social. Ao longo destas sesións aproveitaranse os mecanismos narrativos únicos que presenta o cine para explorar diferentes relatos sobre saúde mental.

'A habitación do fillo', do director italián Nanni Moretti, é a escollida para dar comezo a este ciclo nunha sesión que comezará ás 19.00 horas no Teatro Principal.

En 'A habitación do fillo' a apracible existencia dunha familia do norte de Italia vese interrompida co desgarrador suceso da morte do seu fillo menor nun accidente de submarinismo.

O pai da familia, un psicanalista afeito a presenzar os problemas da xente a través dunha distancia profesional, irase obsesionándose máis e máis coa morte do seu fillo. Atopámonos ante unha cinta sobre o duelo e os mecanismos que levamos a cabo para procesar a perda dun ser querido.

 

Ficha
Título: A habitación do fillo
Director: Nanni Moretti
Ano: 2001
País: Italia
Duración: 100 min.