O Casal de Ferreirós acolle a mostra "Facsímiles do V Centenario"

Poio
17 de outubro 2020

A mostra ofrece documentos e material histórico de gran valor, doado polo arquitecto pontevedrés Enrique Barreiro. A colección permanecerá aberta ao público ata o 22 de decembro

Exposición "Facsímiles do V Centenario" Concello de Poio

Xa se pode visitar a exposición "Facsímiles do V Centenario", no Casal de Ferreirós.

A mostra ofrece documentos e material histórico de gran valor, doado polo arquitecto pontevedrés Enrique Barreiro. A colección permanecerá aberta ao público ata o 22 de decembro.

A exposición forma parte dos actos que a Concellería de Cultura do Concello de Poio está a desenvolver coa colaboración da Asociación Galicia Histórica, co gallo da celebración do décimo aniversario da Casa Museo de Cristóbal Colón en Portosanto.

A seguinte cita será o vindeiro sábado 24 de outubro, a partir das 12 horas, na Casa Museo de Colón que acollerá un dos actos principais do programa: o nomeamento do III Coloniano de Honra, ademais do recoñecemento, a título póstumo, a outras tres personalidades vencelladas á teoría do Colón galego.