O Ateneo Santa Cecilia engade dúas actividades ao entroido marinense

Marín
01 de febreiro 2024

Unha exposición fotográfica e unha conferencia sobre máscaras arraianas terán lugar a partir do 6 de febreiro

Actividades programadas polo Ateneo Santa Cecilia Ateneo Santa Cecilia

O entroido marinense engade á súa axenda as dúas propostas que o Ateneo Santa Cecilia organizou con motivo destas datas festivas. Trátase dunha exposición fotográfica que estará aberta ao público entre o 6 e o 14 de febreiro e unha conferencia tamén para o 6 deste mes.

A exposición 'Viaxe polo mundo da máscara' corresponde á fotógrafa, escritora, etnógrafa e documentalista Mercedes Vázquez Saavedra. Natural de Sarria, é unha apaixonada das culturas rurais e das máscaras. Tanto en Galicia, norte de Portugal e as provincias castelás limítrofes con esta Comunidade, os seus traballos  de documentación e conservación de entroidos e as súas máscaras, son recoñecidos.

A mostra, ademais de contar coas súas fotografías tamén incluirá algunhas máscaras de entroido.

Poderase visitar en dous emprazamentos, na sede do Ateneo e o Museo Manuel Torres. A inauguración será o día 6 ás 19.30 horas no Museo e media hora despois comezará unha conferencia a cargo do etnógrafo José Rodríguez Cruz quen falará sobre os entroidos arraianos. A entrada é gratuíta.