O "Apocalipsis Z" de Manel Loureiro salta á televisión con Amazon Prime Video

Pontevedra
25 de abril 2023

A saga Apocalipsis Z, coa que o escritor pontevedrés Manel Loureiro saltou á fama, converterase en película. Farao da man de Amazon Prime, que este martes desvelou os novos proxectos de ficción que impulsa en España

Manel Loureiro, no seu despacho de Pontevedra Cristina Sáiz

A saga Apocalipsis Z, coa que o escritor pontevedrés Manel Loureiro saltou á fama, converterase en película. Farao da man de Amazon Prime, que este martes desvelou os novos proxectos de ficción que impulsa en España.

Apocalipsis Z: El principio del fin, segundo destaca a compañía, será unha película de aventuras, acción e supervivencia que estará baseada no libro de Loureiro.

A historia, ambientada en Pontevedra, está protagonizada por un avogado que observa estupefacto o goteo de noticias acerca dunha misteriosa praga que se propaga sen freo por todo o planeta, tras ser liberada desde algún lugar do Cáucaso. 

Os infectados polo virus morren, pero só en aparencia, xa que ás poucas horas volven á vida e abalánzanse contra as persoas libres de contaxio, movidos por unha agresividade descoñecida e sen límites.

A partir dese momento, o único obxectivo deste inesperado será tratar de sobrevivir, cruzando o territorio que antes coñecía como Galicia, pero que agora se transformou no inferno na terra.

Apocalipsis Z: El principio del finestará dirixida por Carlos Torrens, un realizador cunha longa experiencia en series de televisión, onde colaborou, entre outras, en Vis a Vis, El ministerio del tiempo, Malaka, El internado: Las Cumbres, Feria ou Sky Rojo.

O seu protagonista será o actor Francisco Ortiz, ao que recentemente puidemos ver á fronte García para HBO, a adaptación da novela gráfica de Santiago García e Luís Bustos. Ademais, participou en Amar es para siempre ou El secreto de Puente Viejo.